• A campaña de comunicación do colexio denominada “Achegar aos concellos, as empresas e aos emprendedores os fondos de recuperación económica, poñendo en valor o rol da enxeñaría civil”. Estivo dividido en 6 encontros onde invitouse ao conxunto de tódolos concellos da provincia.
    • O conxunto dos actos déronse cita en: Carballo, Ames, Melide, Cee, Betanzos e As Pontes de García Rodríguez. En cada evento contamos coa asistencia de alcaldes, asociacións empresariais e empresarios dos lugares máis preto a cada acto.
    • Esta campaña contou coa axuda da Deputación da Coruña e tamén coa participación da Oficina Next Deputación da Coruña; que ofreceu información moi valiosa para que os concellos das diferentes comarcas que conforman á provincia accedan á financiación europea.
    • Nos actos contamos tamén coa participación da Directora da Escola ETSCCP da Coruña e da Vocal pola Provincia da Coruña do Colexio de enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, o Director Executivo de Red Mundo Atlántico e un experto de sostibilidade de Comparte Marketing Social.
    • Ao mesmo tempo que realizábanse os encontros nos concellos, acompañabamos á charla divulgativa coa exposición “Innovación e emprendemento; o papel da enxeñaría civil na recuperación económica da provincia” nos diferentes recintos.
    • Nos actos fíxose un gran esforzo por interactuar co público, facendo unha charla  bidireccional e buscando temas de debate arredor dos fondos europeos ou a necesidade de rodearse de profesionais técnicos para levar a cabo proxectos viables e transformadores. Unhas charlas divulgativa-participativa, con bloques como: as telecomunicacións, o 5G, as infraestruturas verdes, a mobilidade máis sostible

A Coruña, 19 de decembro de 2022.- A campaña de 2022 do CITOP foi concibida como unha continuación da campaña do 2021 sobre o papel da Enxeñaría Civil na recuperación económica da provincia. O CITOP seguiu facendo chegar información aos concellos de toda a provincia da Coruña, ás asociacións empresariais e a outros colectivos. Na campaña desenvolta con anterioridade púxose en valor a labor da Enxeñaría Civil e a importancia do CITOP (Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras públicas), na defensa dos intereses das persoas colexiadas. Nesta campaña divulgativa do presente año, pretendeuse acercar as competencias que poidan acercar este tipo de profesionais multidisciplinares aos concellos, ás empresas e o valor que teñen de cara á transformación da sociedade e da “España baleirada”, e á sociedade envellecida que temos. Púxose de manifesto a importancia desta labor divulgativa tanto para concellos máis pequenos como para pemes ou asociacións empresariais, que ou ben descoñecen como son os procedementos, a filosofía e os tipos de profesionais dos que poden rodearse para levar a cabo un proxecto viable, factible e cunha mirada transformadora nos campos da dixitalización e a sostibilidade.  

Os poñentes ao longo da Campaña, foron os seguintes:

  • Guillermo Taboada: Tesoureiro da Asociación Red Mundo Atlántico. Esta asociación foi a abandeirada por parte do colexio para tratar os fondos de recuperación dende o inicio da Campaña, por parte de Guillermo Taboada e coa súa experiencia depurada na tramitación de fondos, puidemos acercar unha nova filosofía destes, e unha maneira eficiente de afrontalos. É clave para Red Mundo Atlántico a difusión, como a característica transformadora destes novos fondos.

 

“Una Europa más inteligente, conectada, social, más cercana a los ciudadanos y descarbonizada. Eso es lo que buscan los fondos”.

Guillermo Taboada na Charla divulgativa de As Pontes 14.12.2022

  • Antonio Paz García: Coordinador Técnico dea Oficina Next Generation da Deputación da Coruña. Unha das últimas incorporacións ao equipo de poñentes, debido á apertura da oficina en marzo deste ano. Xunto a Red Mundo Atlántico foron os encargados de dar a coñecer a filosofía destes novos fondos de recuperación e dos xa existentes. Un modo no só de movilizar os fondos que existen, senón tamén poder axudar aos concellos e as empresas a confeccionar un proxecto gañador.

“Non só axudamos a conseguir os fondos, senón tamén a xestionalos e a xustificalos”.

Antonio Paz García na Charla Divulgativa de As Pontes 13.12.2022

 

  • Verónica García Castiñeira: Vocal de la provincia de A Coruña del CITOP en Galicia. Su labor ha sido fundamental a lo largo de toda la campaña, en su papel de vocal y de colegiada, junto a su labor en la diputación de A Coruña, nos ha podido acercar ejemplos de la importancia de contar con un ingeniero civil en las corporaciones locales o en las empresas, ayudando en ese proceso tedioso de confección de proyectos técnicos.

“Os corredoiros verdes son unha innovación necesaria para os concellos, no modo de vida dos cidadáns e no conxunto da súa infraestrutura”.

Verónica García, na Charla Divulgativa de Melide 02.06.2022

  • María Isabel Martinez Lage: É a primeira directora da Escola Técnica Superior de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. A súa labor foi esencial en canto ao entendemento de novos proxectos asociados á escola sobre a utilización de novos materiais na confección de estradas, infraestruturas dos concellos, telecomunicacións, ou solucións baseadas na natureza.

“Nadie quiere ser el conejillo de indias, siempre ha existido ese miedo a llevar a cabo proyectos con materiales más sostenibles, ya que las administraciones han buscado históricamente proyectos que funcionen”.

María Isabel Lage, na Charla Divulgativa de Carballo 05.05.2022

 

  • Rodrigo López Piquín: Director de proxectos en Comparte Marketing Social, a súa experiencia como concelleiro de obras públicas e de medio ambiente, puido darnos unha mirada ata a sostibilidade non só como eido vertebrador dos fondos de recuperación actuais e futuros, senón tamén das accións dos enxeñeiros técnicos de cara a confeccionar unha sociedade más sostible e menos daniña para o medio que lles rodea. Como el mesmo di, é importante recordar que os ODS, a Axenda 2030 española aparece no logo do CITOP, polo que é misión dos enxeñeiros técnicos confeccionar unha sociedade mellor.

“É necesario ter na cabeza que necesitamos planes previos á presentación de proxectos aos fondos, como poden ser os PACES, Axenda 2030 ou plans de seca”.

Rodrigo López Piquín, Charla Divulgativa en Betanzos 01.12.2022.

 

Mais información:

eventosgalicia@citop.es

Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia

Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832

Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509