• O acto esta enmarcado dentro da campaña de comunicación do colexio denominada “Achegar aos concellos, as empresas e aos emprendedores os fondos de recuperación económica, poñendo en valor o rol da enxeñaría civil”. Este evento supón o punto final da campaña do 2022, polo que están convidadas todas aquelas entidades que formaron parte activa de toda a campaña.
    • Ao acto poden asistir de balde alcaldes e empresarios da comarca.
    • Dará unhas palabras de benvida o alcalde de As Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Don Valentín González Formoso.
    • Este evento conta coa axuda da Deputación da Coruña e tamén coa participación da Oficina Next Deputación da Coruña; que ofrecerá información moi valiosa para que os concellos da area metropolitana e a comarca de A Coruña podan acceder a esta financiación.
    • Tamén participará a Directora da Escola ETSCCP da Coruña e a Vogal pola Provincia da Coruña do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, o Director Executivo de Red Mundo Atlántico e un experto de sustentabilidade de Comparte Marketing Social,
    • Poderase visitar no edificio de usos múltiples a exposición “Innovación e emprendemento; o papel da enxeñaría civil na recuperación económica da provincia” .
    • O evento forma parte de 6 encontros por diferentes concellos da provincia da Coruña, cun formato novedoso, que xa se implementou con gran éxito na última xornada en Betanzos. Unha charla divulgativa-participativa, con bloques como: as telecomunicacións, o 5G, as infraestruturas verdes, mobilidade…

As Pontes, 07 de decembro de 2022.- Continuando coa campaña do papel da Enxeñería Civil na recuperación económica da provincia realizada no 2021 o CITOP segue a facer chegar información aos concellos, neste caso limítrofes con Betanzos, a asociacións empresariais e outros colectivos. Na campaña desenvolta no ano 2021  púxose en valor a labor da Enxeñaría Civil e a importancia do CITOP (Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras públicas) na defensa dos intereses das persoas colexiadas. Nesta campaña divulgativa do presente ano, preténdese acercar as competencias que poden achegar estes profesionais multidisciplinares aos concellos, ás empresas e o valor que teñen de cara á transformación da sociedade.

Na primeira parte do evento, levarase a cabo unha presentación de todas as entidades presentes na charla divulgativa-participativa, ademais dun esquema xeral do que son os fondos de Recuperación europeos e como aparecen como unha oportunidade para concellos e tecido empresarial.

No segundo bloque, acercámonos aos fondos de recuperación económica pero con exemplos prácticos, e facendo énfase en bloques estruturais ben marcados como comentamos anteriormente. Acercar a labor de profesionais da man de concellos ou de empresas, en definitiva, aproveitar os fondos con profesionais preparados, na elaboración, na confección e na posta en marcha dos proxectos. Un bloque onde búscase a interacción cos asistentes, a intención e que os asistentes comprendan que proxectos poden se financiables e funcionan os fondos.

Ao finalizar o evento haberá un catering dispoñible para tódolos asistentes e poñentes no evento.

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas quere mostrar o seu agradecemento ao Concello de As Pontes pola súa predisposición e por colaborar en esta campaña.

Prégase confirmar asistencia.

Descarga de cartel: Medios evento peche As Pontes 13.12.2022

Mais información:
eventosgalicia@citop.es
Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia
Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832
Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509

Mais información:

eventosgalicia@citop.es

Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia

Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832

Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509