Precolexiación
Condición da Precolexiación
Todos aqueles estudantes do Grao de Enxeñería Civil que o soliciten e superaran un mínimo do 25% (60 ECTS), dos créditos de acordo cos plans de estudos vixentes.
Certificación ou documento oficial da Escola, onde se faga constar as materias aprobadas, indicando o curso ao que pertencen e o número do crédito de cada unha delas. O comprobante do abono da matrícula de estudos de Grao de Enxeñaría Civil nalgunha universidade española.
Unha fotografía tamaño carné con fondo branco, non se admitirán fotografías doutro tipo.
Encher unha folla de alta como precolexiado con letras maiúsculas e utilizando tinta negra ou azul de forma que sexa lexible e non teña dificultade para ser lida.
Fotocopia do DNI.
Permanecerá nesta condición ata a data de aceptación por parte do Colexio, ata o próximo 1 de outubro, salvo finalización anterior dos estudos. A condición do precolexiado poderá prorrogarse ata o 1 de outubro do vindeiro ano, previa presentación do resgardo da matrícula do novo curso académico.
Acceso Online á Precolexiación
Toda esta documentación terá que presentarse de maneira telemática a través da seguinte ligazón:
Tamén pódese presentar dita documentación na Zona Colexial que corresponda ao novo colexiado por residir ou traballar nesa provincia.