• O acto final, esta enmarcado dentro da campaña de comunicación do colexio denominada “Achegar aos concellos, as empresas e aos emprendedores os fondos de recuperación económica, poñendo en valor o rol da enxeñaría civil”. Este evento supón o punto final da campaña do 2022.
    • No acto deu unhas palabras de benvida o 1er tenente de alcalde e concelleiro de urbanismo de As Pontes, Antonio Alonso.
    • Este evento contou coa axuda da Deputación da Coruña e tamén coa participación da Oficina Next Deputación da Coruña; que ofreceron información moi valiosa para que os concellos da comarca do Eume, e o resto da provincia da Coruña.
    • Tamén participaron a Directora da Escola ETSCCP da Coruña e a Vogal pola Provincia da Coruña do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, o Director Executivo de Red Mundo Atlántico e un experto de sustentabilidade de Comparte Marketing Social
    • Tamén realizouse a exposición “Innovación e emprendemento; o papel da enxeñaría civil na recuperación económica da provincia” no edificio cultural Dopeso.
    • O evento foi o peche de campaña, este último evento formou parte de 6 encontros por diferentes concellos da provincia da Coruña, cun formato novedoso, que xa se implementou con gran éxito na última xornada en Betanzos. Unha charla divulgativa-participativa, con bloques como: as telecomunicacións, o 5G, as infraestruturas verdes, mobilidade… onde os alcaldes e asistentes puideron debatir cos poñentes acerca dos retos aos que enfréntanse os concellos da comarca na actualidad, a importante labor dos profesionais técnicos e a oportunidade que poden supoñer os fondos de recuperación europeos para a transformación da denominada “España Baleirada”, e máis concretamente nos concellos da provincia da Coruña.

As Pontes, 14 de decembro de 2022.- Continuando coa campaña do papel da Enxeñería Civil na recuperación económica da provincia realizada no 2021 o CITOP segue a facer chegar información aos concellos, neste caso limítrofes con As Pontes, a asociacións empresariais e outros colectivos. Na campaña desenvolta no ano 2021  púxose en valor a labor da Enxeñaría Civil e a importancia do CITOP (Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras públicas) na defensa dos intereses das persoas colexiadas. Nesta campaña divulgativa do presente ano, pretendeuse acercar as competencias que poden achegar estes profesionais multidisciplinares aos concellos, ás empresas e o valor que teñen de cara á transformación da sociedade. E este último Evento en As Pontes puxo de novo de manifesto a importancia desta labor divulgativa tanto para concellos máis pequenos como para pemes ou asociacións empresariais, que ven descoñecen como son os procedementos, a filosofía e os tipos de profesionais dos que poden rodearse para levar a cabo un proxecto viable, factible e cunha mirada transformadora nos campos da dixitalización e a sostibilidade.

Na primeira parte do evento, levouse a cabo unha presentación de todas as entidades presentes na charla divulgativa-participativa, ademais dun esquema xeral do que son os fondos de Recuperación europeos e como aparecen como unha oportunidade para concellos e tecido empresarial.

No segundo bloque, acercámonos aos fondos de recuperación económica pero con exemplos prácticos, e facendo énfase en bloques estruturais ben marcados como comentamos anteriormente. Acercar a labor de profesionais da man de concellos ou de empresas, en definitiva, aproveitar os fondos con profesionais preparados, na elaboración, na confección e na posta en marcha dos proxectos. Un bloque onde búscase a interacción cos asistentes, a intención e que os asistentes comprendan que proxectos poden se financiables e funcionan os fondos.

Antonio Paz, da oficina dos Fondos Next Generation da Deputación da Coruña, falou da importancia dos fondos, como solucións a necesidades, tanto para empresas como para concellos. A importancia de coñecer que finánciase, tendo en conta os procedementos e lóxicamente, as necesidades da veciñanza.

Rodrigo López Piquín fixo referencia á necesidade de ter unha planificación previa á chegada das convocatorias dos fondos, exemplarizado nos PACES, Axenda 2030 ou planes de seca.

A súa vez, Guillermo Taboada, xunto ás declaracións anteriores, quixo enfatizar o concepto dos consorcios, como forma viable de presentación aos fondos por parte de concellos máis pequenos. Da importancia tamén de consultar aos expertos; aos consultores, á propia oficina Next Deputación, ou a lobbies como Red Mundo Atlántico.

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas quere mostrar o seu agradecemento ao Concello de As Pontes pola súa predisposición e por colaborar en esta campaña.

Prégase confirmar asistencia.

Descarga de cartel: Medios evento peche As Pontes 13.12.2022

 

Mais información:

eventosgalicia@citop.es

Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia

Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832

Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509