OFERTAS DE TRABALLO

Selección dun/ha Enxeñeiro/a de Camiños, Canles e Portos/ Grao en Enxeñaría Civil / Enxeñeiros/as Técnicos de Obras Públicas, para posto de traballo na comunidade galega.
Buscamos unha persoa para cubir o posto de Xefe de Obra Civil en varias obras na Zona de Galicia.
Buscamos:
- Un profesional con máis de 3 anos de experiencia en posto similar.
- Residencia na Comunidade de Galicia ou provincias limítrofes.
- Autonomía no desenvolvemento dos traballos, reportando ao Xefe Grupo de maneira periódica.
Para máis información enche o formulario do pe de páxina

Empresa de servizo de ciclo integral da auga selecciona enxeñeiro/a para un posto estable de xefe/a de servizo para a Comarca do Deza.
Necesitamos un/ha profesional con experiencia en calquera fase do ciclo da auga, en xestión de persoal, coas seguintes funcións:
- Control de esixencias legais de control de captación.
- Planificación de revisións periódicas.
- Revisión de rendementos de tramos de rede.
- Revisión de parámetros de traballo das instalacións (depósito, bombas, etc.)
- Supervisión das tarefas realizadas pola Brigada de servizo.
- Planificación de actuacións puntuais, segundo necesidades.
- Redacción de informes.
Para máis información enche o formulario do pe de páxina

Selección dunha persoa con ITOP ou Grao en Enxeñaría Civil para obra en A Coruña.

Buscamos un/ha técnico/a para cubrir posto de xefe de obra
Empresa construtora galega de obra pública con base en Melide (A Coruña), precisa de incorporar técnico/a para cubrir posto de xefe de obra
Para máis información enche o formulario do pe de páxina

Buscamos un/ha enxeñeiro civil, con experiencia entre 0 e 2 anos
Buscamos un/ha enxeñeiro civil, con experiencia entre 0 e 2 anos para traballos de producción, licitación de obra pública e axuda a xefes de obra. Valorarase residencia na zona norte da provincia de Lugo e ofrécese incorporación a empresa local com máis de 30 anos de experiencia.
- Traballará na oficina técnica baixo a supervisión do director técnico e dacordo coas diretrices da xerencia da empresa.
- Xornada partida, soldo a negociar.
- Incorporación inmediata.
Para máis información enche o formulario do pe de páxina

Selección coordinador/a de Seguridade e Saúde en obras de construción.
Enxeñeiro/Arquitecto ou técnico de PRL coa formación de CSS, mínimo 2 anos de CSS experiencia en España ou SIGEKO (según BaustellV, en Alemaña)
-
Máster en Prevención de Riscos Laborais (3 especialidades)
-
Valorable Técnico de prevención (SIFA en Alemaña)
-
Alta capacidade de trato co cliente e competencias sociais
-
Alta capacidade de adaptación e flexibilidade
-
Bo coñecemento de ofimática e manexo de MS-Office
-
Carné de conducir B1 obrigatorio. Posibilidades: coche propio / coche de empresa e coa opción de uso privado tamén.
-
Coñecemento de alemán B2. Ofrecemos a posibilidade de participar en cursos do idioma.

Buscamos un/ha especialista en BIM
Buscamos un/ha especialista en BIM con experiencia mínima de 3 anos e con coñecementos en:
- Uso da metodoloxía BIM e os seus programas (REVIT, NAVISWORKS, GREEN BUILDING STUDIO, DESIGN BUILDER).
- Identificación dos requisitos e interpretación dos proxectos exercendo as funcións de proxectista e modelador mediante tecnoloxía BIM, en espacios comerciais (restaurantes, supermercados, tendas textiles).
- Deseño e optimización de proxectos de instalacións mecánicas MEP (climatización, electricidade, PCI, fontanarías, gas, etc…)
- Contacto con proveedores e industriais para a continua mellora da calidade dos sistemas enerxéticos.
- Control da correcta execución do proxecto en obra.
- Experiencia previa en construcción e redacción de proxectos. Valorarase a experiencia en activos retail.
- Ter formación demostrable en certificacións enerxéticas. Valorarase a experiencia en sellos Breeam, Well, Leed, Verde. BIM 6D.
- Formación técnica universitaria, grado en enxeñaría, moi valorable máster BIM.
- Dominio de MS office, Revit BIM-MEP, AutoCad.
- Residencia en A Coruña ou Madrid, e dispoñibilidade para viaxar puntualmente.
- Mínimo 3 anos de experiencia en posto similar en funcións detalladas na candidatura como especialista BIM, xa sexa de coordinador, enxeñeiro ou arquitecto.

Selección de xefe/a de obra para a provincia de A Coruña.
Buscamos un Enxeñeiro/a de Obras Públicas, civil ou similar con experiencia contrastada en obra civil: afirmados, canalizacións, movemento de terra…. Para levar a cabo labores de Xefe de Obra, na provincia da Coruña,encargándose de:
- Relación coa administración.
- Comprobación de medicións. Certificacións.
- Planificación e organización diaria de obra.
- Organización de traballos co encargado da obra.
- Control de costos e prazos de execución.
- Tramitación de ofertas de proveedores.
- Coordinación de persoal propio e subcontratistas.

Selección de xefe/a de obra para Alemaña
Buscamos unha persoa para dirixir as obras nas rexións de Düsseldorf, Frankfurt e Mainz.
Responsabilidades:
- Dirixir os equipos das obras.
- Planificar os traballos, facer o seguimento e control.
- Controlar a produción e os costes.
- Solucionar incidencias.
- Realizar compras ou alquiler de pequeno material.
- Controlar o stock de obra.
- Facer reportes de producción.
- Pedir permisos de señalización de obras.
- Tratar cos donos dos terreos por onde van pasar as obras.
- Obter o OK final de obra, por parte dos ayuntamientos.Perfil:
- Experiencia de máis tres anos como Xefe de Obra.
- Nivel fluido de alemán.
- Ideal experiencia en obras de FO.
- Experiencia en control de costes e producción.
- Carnet de conducir.Remuneración e Beneficios:
- 50.000€-80.000€+10%variable .
- Apartamento pagado o primero mes
- Coche de empresa e gasolina
- Dispositivos móbiles
- Detas e aloxamento pagados en desprazamentos e pernoctacións a pé de obra
- Voo pagado

Selección de enxeñeiro/a
Titulación: Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos, Grado en Enxeñaría Civil ou ITOP en especialidade de transportes e servizos urbanos ou contrucións civís.
– Experiencia: 5 anos en dirección e/ou responsable da execución de obras enxeñaría civil marítima ou portuaria, ou servizos de mantemento de infraestruturas portuárias.
– Dedicación: completa (incorporación inmediata).

Selección Xefe de Obra
Buscamos preferiblemente un/a enxeñeiro/a de obras públicas, civil ou similar con experiencia contrastada en obra civil: urbanizacións, canalizacións.
Encargarase de:
- Relación cos clientes
- Planificación e organización diaria de óbraa
- Organización co Encargado de obra
- Proposta dos procedementos, técnicas e medios idóneos, así como de métodos que melloren os rendementos e os resultados.
- Comprobación de medicións. Certificacións.
- Control de custos.
- Control de prazos de construción.
- Tramitación de pedidos (provedores).
- Coordinación de subcontratistas.

Selección Xefe de Obra
Actualmente buscamos un/a Xefe/a de Obra que lidere o noso equipo de produción para traballar en diferentes obras de Asturias e Galicia.
Funcións e responsabilidades:
- Ser o responsable da boa evolución e alcance dos obxectivos fixados para cada obra.
- Supervisar os labores de execución das obras ao seu cargo (planificación, calidade, prazo, seguridade e xestión ambiental) co fin da súa correcta execución, conforme á dirección de obra.
- Coordinar o traballo de todo o persoal da obra.
- Vixiar a optimización técnica e económica da obra.
- Xestionar compras e subcontratacións, cumprindo cos obxectivos económicos marcados.
- Funcións de xestión económica (cumprimento do orzamento, certificacións, cobranzas e custos).
- Responsable do cumprimento da lexislación e demais posibles requisitos aplicables en obra.
Requisitos:
- Mínimo 5 anos de experiencia profesional en empresas do sector da construción (acreditables).
- Coñecementos avanzados de AutoCAD e Presto.
- Persoa responsable, con capacidade de liderado, dotes de mando, proactiva e con orientación a resultados.
Ofrecemos:
- Formar parte dunha Empresa nova e en pleno proceso de crecemento.
- Retribución a negociar, acorde á experiencia e capacidades acreditadas: facilítase vehículo de empresa. Opción a contratar seguro médico.
- Oportunidade de formación continua e desenvolvemento profesional.

Apoio a oficina técnica
Estamos na procura duha persoa que sirva de apoio á oficina técnica, ao estudio de licitacións e a Jefatura de Obra nas nosas oficinas de Navia, Oviedo e Ribadeo para traballar nas diferentes obras de Asturias e Lugo.
Funcións e responsabilidades:
- Servir de apoio para supervisar as labores do xefe de obra nas execuccións das obras ao seu cargo (planificación, calidade, prazo, seguridade e xestión ambiental) co fin da súa correcta execución, conforme á dirección da obra.
- Servir de apoio para coordinar o traballo de todo o persoal da obra.
- Controlar a optimización técnica e económica da obra.
- Xestionar compras e subcontratacións, cumprindo cos obxetivos económicos marcados.
- Seguimento da xestión económica das obras (cumprimento do orzamento, certificacións, cobros e costes).
- Responsable do cumprimento da lexislación e demais posibles requisitos aplicables na obra.
Requisitos:
- Boa xestión do paquete Office e valioso coñecemento do AutoCAD y Presto.
- Persoa responsable, proactiva.
Ofrecemos:
- Formar parte dunha empresa nova e en pleno proceso de crecemento.
- Condicións a negociar.
- Oportunidade de formación continua e desarrollo profesional.
Descarga o teu certificado de colexiación
Visita a web do colexio nacional e accede coa túa clave persoal.

Contacta con nós
Correo electrónico
galicia@citop.es
Teléfono
981 577 737
Enderezo
Plaza de Europa 15-A,6 B, Pol. Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña