COLEXIACIÓN
Requisitos para darse de alta como colexiado:
Ter aprobado o Proxecto de Fin de Carreira.
Encher a folla bancaria aínda que se estea desempregado.
Se é un título homologado ao español, presentar fotocopia do certificado de homologación expedido polo Ministerio de Educación, cultura e deporte. Adxuntar tamén fotocopia do plan de estudos, fotocopia do título ou no seu defecto, listado das notas do curso onde veña reflexado o ano de finalización da carreira.
Encher a folla de alta do Colexio con letras maiúsculas e utilizando tinta negra e azul da forma que sexa lexible e non teña dificultades para ser lida.
Unha fotografía tamaño carné con fondo branco, non se admitirán fotografías doutro tipo.
Presentar unha fotocopia da demanda do INEM se se está desempregado.
Se no título adxunto ven o código de verificación emitido pola universidade ou polo Ministerio de Educación garantíase a aceptación da solicitude. Terá que verificar os seus datos presencialmente no Colexio aportando o título orixinal e a copia par ao seu cotexo na Zona Colexial correspondente. Instrucións para a obtención do código aquí.
A cota colexial
A cota colexial é de 51.50 euros ao trimestre. Se a alta de colexiado prodúcese no primeiro no primeiro ano de finalización da carreira, o colexiado terá dereito a unha redución do 50% das cotas colexias no caso de estar activo e exercendo a profesión. No caso de desemprego e sempre que se xustifique correctamente, estará exento de pagar cotas.
Presentación da documentación
Toda esta documentación terá que presentarse de manera telemática a través da seguinte ligazón
Tamén pódese presentar dita documentación na Zona Colexial que corresponda ao novo colexiado por residir ou traballar nesa provincia.