A Profesión
Competencias
Os profesionais enxeñeiros técnicos de obras públicas posúen plenas competencias para desenvolver a dirección de empresas e servizos, a redacción e a firma de proxectos, a dirección de obras e actividades, o exercicio docente, tanto no ámbito da empresa privada como da empresa pública ou da administración nas súas respectivas especialidades.
Civís
Hidroloxía e transportes
Servizos Urbanos
Concepción dos profesionais
Na vista posta no futuro, en concreto no territorio europeo, debe existir un cambio na maneira de concibir aos profesionais, eliminando todas as trabas á súa mobilidade polos territorios.
Xa na Estratexia de Lisboa (2000), recomendábase aos países membros da Unión Europea unha liberalización dos servizos profesionais, a necesidade real de aplicar reformas estruturais en España. O primeiro paso que deu o goberno español neste sentido foi a chamada Lei Ómnibus. Ademais na procura de cumprir as directrices marcadas pola Estratexia de Lisboa, España traballa no borrador da futura Lei de Servizos profesionais (LSP). Facendo unha referencia concreto ás enxeñerías, apuntando a un novo modelo de regulación ás súas atribucións profesionais.