SERVIZOS COLEXIADOS
ASESORÍA XURÍDICA: FUNCIÓNS
- Intervención e actuación directa en tódolos procedementos xudiciais en defensa das atribucións profesionais dos colexiados.
- Estudo, elaboración e redacción dos escritos correspondentes en toda clase de instancias, reclamacións, demandas con recursos de carácter administrativo que o Colexio dirixa a calquera organismo das diversas administracións públicas.
- Informes solicitados por órganos colexiais propios da profesión e derivado do exercicio profesional.
- Informes sobre proxectos de normativa remitidos pola Administración que afecta á profesión.
- Informes sobre proxectos de normativa remitidos pola Administración que afecta á profesión.
- Intervención e actuación nos procedementos de reclamación de honorarios cos colexiados.
- Atención directa aos colexiados nas súas consultas sobre materias relacionadas coa profesión.
- Asesoramento xurídico aos órganos de goberno do Colexio.
PROFESIONAIS: OBXECTIVOS
- Promoción técnica e a defensa da profesión.
- A regulación do exercicio profesional.
- O fomento do emprego e a súa calidade.
- O asesoramento profesional aos colexiados.
- A organización e promoción das actividades e servizos de carácter profesional.
- Asesoramento en materias técnicas sobre acontecementos, sucesos, actuacións, obras, plans e impacto social para que o Colexio expoña e publique a súa opinión, adoptando, se procede, compromisos ante a sociedade, como interlocutor válido da Enxeñaría Civil.
- Fomentar a participación dos nosos profesionais ou Congresos con aportación de relatorios.
- Intensificar as relacións con institucións e asociacións profesionais da Enxeñaría Civil en Europa e no resto de países.
- O establecemento e difusión da normativa de visado, en aros da súa calidade e prestixio.
TAREFAS COMPLEMENTARIAS
- Informatización de sentencias e expedientes pechados.
- Elaboración dun manual de actuación para os colexiados no caso de incidencias que esixan intervención xurídica.
- Implantación dun servicio de atención inmediata ao colexiado.