O Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras públicas presentou fai unhas semanas, un podcast cun formato informativo/ divulgativo, onde nunha serie de episodios de curta duración, recollen a actualidade da profesión en formato audio, e a través dun formato que está de moda agora mesmo.

A través de Spotify pódense escoitar os seus capítulos para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as Obras Públicas. Xa hai unha serie de capítulos publicados, e tratan temas como: a ponte de Londres, a correcta realización dun CV en Enxeñaría Civil, temas lexislativos, etc…

Este proxecto supón establecer novos canais de comunicación e divulgación para o Colexio, un proxecto que involucra a membros do propio colexio á hora de falar de proxectos, experiencias ou simples consellos para os enxeñeiros civís de agora e do futuro. Todo isto, co obxectivo de espertar vocación e coñecemento sobre a importancia dos enxeñeiros civís na sociedade.

https://open.spotify.com/show/3Q27Gitk0ItPpsSAWwiqj0?si=d4c36efffdf54b04

 

Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia

Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832

Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509