• O acto esta enmarcado dentro da campaña de comunicación do colexio denominada “Achegar aos concellos, as empresas e aos emprendedores os fondos de recuperación económica, poñendo en valor o rol da enxeñaría civil”.
      Deu unhas palabras de benvida o Primeiro tenente de alcalde, Don Diego Fernández López.
    • Este evento contou coa axuda da Deputación da Coruña e tamén coa participación da Oficina Next Deputación da Coruña; que ofreceu información moi valiosa para que os concellos da area metropolitana e a comarca de A Coruña podan acceder a esta financiación e que coñezan da existencia desta Oficina Técnica.
    • Tamén participou a Directora da Escola ETSCCP da Coruña e a Vogal pola Provincia da Coruña do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, o Director Executivo de Red Mundo Atlántico e un experto de sustentabilidade de Comparte Marketing Social.
    • A presentación do evento e da exposición levouse a cabo no Salón Azul, un espazo espectacular para acoller o evento e que contou cunha participación moi activa por parte dos anfitrións e os oíntes.
    • O evento forma parte de 6 encontros por diferentes concellos da provincia da Coruña, cun formato novedoso para as dúas charlas que restan, en Betanzos e As Pontes. Unha charla divulgativa-participativa, con bloques como: as telecomunicacións, o 5G, as infraestruturas verdes, mobilidade…
    • O Evento de peche da Campaña levarase a cabo o día 13 de decembro no concello de As Pontes, coa participación do alcalde e presidente da Deputación da Coruña, Don Valentín González Formoso.

 

Betanzos, 02 de decembro de 2022.- Continuando coa campaña do papel da Enxeñería Civil na recuperación económica da provincia realizada no 2021 o CITOP continuou a achegar información aos concellos, neste caso limítrofes con Betanzos, a asociacións empresariais e outros colectivos. Na campaña desenvolta no ano 2021  púxose en valor a labor da Enxeñaría Civil e a importancia do CITOP (Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras públicas) na defensa dos intereses das persoas colexiadas. Nesta campaña divulgativa do presente ano, preténdese acercar as competencias que poden achegar estes profesionais multidisciplinares aos concellos, ás empresas e o valor que teñen de cara á transformación da sociedade.

Na primeira parte do evento, levouse a cabo unha presentación de todas as entidades presentes na charla divulgativa-participativa, ademais dun esquema xeral do que son os fondos de Recuperación europeos e como aparecen como unha oportunidade para concellos e tecido empresarial.

No segundo bloque, acercámonos aos fondos de recuperación económica pero con exemplos prácticos, e facendo énfase en bloques estruturais ben marcados como comentamos anteriormente. Acercar a labor de profesionais da man de concellos ou de empresas, en definitiva, aproveitar os fondos con profesionais preparados, na elaboración, na confección e na posta en marcha dos proxectos. Un bloque onde búscase a interacción cos asistentes, a intención e que os asistentes comprendan que proxectos poden ser financiables e funcionan os fondos. Neste apartado contamos coa participación moi activa dos concellos presentes, como foron o de Sada, Vilarmaior, Carral ou Aranga. Os temas que máis dúbida xeraron foron os relacionados coa rede de saneamento, elementos de eficiencia enerxética ou a implantación do 5G.

Fíxose especial fincapé na importancia de coñecer a filosofía dos novos fondos europeos e a adecuación dos proxectos, tanto de cara a pequenas e medianas empresas como aos propios concellos.

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas quere mostrar o seu agradecemento ao Concello de Betanzos por colaborar en esta campaña.

Descarga de cartel: Medios evento salón Azul Betanzos 01.12.2022

Mais información:
eventosgalicia@citop.es
Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia
Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832
Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509

Mais información:

eventosgalicia@citop.es

Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia

Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832

Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509