O Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas (CITOP) de Galicia organizou recentemente unha xornada técnica para coñecer o avance das obras do acceso ferroviario a Punta Langosteira. A visita estivo integrada por diversos colexiados da zona, estivo encabezada polo decano, José Fernández Parajes, e a vocal da Xunta de Goberno da Coruña, Verónica García Castiñeiras.

A xornada contou co asesoramento experto dos responsables directos do proxecto, quenes detallaron os fitos desta infraestrutura estratéxica executada por Adif, Dolores Salorio, Directora de obra, Carlos Balado: Xefe de obra e xerente da UTE (Sacyr-Cavosa-Taboada Ramos Construción) e José Antonio Brieva: Representante da asistencia técnica (UTE Saitec e Galaicontrol).

Durante o percorrido, analizouse o desenvolvemento dos dous túneles que definen o trazado, especial atención recibiu o Túnel 1, peza crave da enxeñería do proxecto, xa que representa o 55% da lonxitude total do tramo de 6,7 km que servirá de nexo entre o Porto Exterior e o Eixo Atlántico.

Esta infraestrutura, vital para a competitividade loxística da rexión, finánciase integramente a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, dentro do Plan de Recuperación.

As obras, baixo a execución de Adif AV/AV, son o resultado do convenio de colaboración subscrito polo Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, Portos do Estado e a Autoridade Portuaria da Coruña, consolidando así unha aposta firme pola mobilidade sostible e a eficiencia no transporte de mercadorías.