Dende o Colexio, queremos informarvos de que o próximo sábado 21 de decembro de 2024, ás 10:00 h, terá lugar a 37ª reunión do GuBIM Galicia, na sede do Colexio de Arquitectos, Praza da Quintana, nº 2, ático, Santiago de Compostela.

Nesta ocasión, levarase a cabo un interesante obradoiro en directo sobre deseño de procesos BIM, no que se desenvolverán os procesos seleccionados polos participantes na 36ª reunión.

Toda a información do programa e os detalles da xornada están dispoñibles no post da páxina web do GuBIM Galicia.
Ligazón para inscribirse: https://forms.gle/Hr2g8PSVXefLH2yh6

A participación é completamente gratuíta e ten como obxectivo crear un espazo para compartir experiencias, xerar redes de contacto e fomentar o coñecemento e a colaboración entre os usuarios BIM da nosa comunidade.

#BIM #GuBIMGalicia #Formación #Colaboración