Imasgal selecciona un/ha técnico/a junior para incorporarse ó seu equipo e realizar tarefas de revisión e control de documentación formativa en cursos relacionados coa edificación e a metodoloxía BIM.

Funcións do posto

Revisión de manuais, presentacións, prácticas e exercicios.

Verificación técnica e normativa dos contidos.

Revisión da estrutura, terminoloxía, redacción e formato da documentación.

Coordinación co profesorado e o equipo de formación para aplicar melloras e actualizacións.

Requisitos

Coñecementos xerais de edificación e enxeñería da edificación.

Coñecementos básicos de cálculo de estruturas e instalacións (electricidade, climatización, fontanería etc.)/ etc.).

Manexo ou interese en metodoloxía BIM aplicada a proxectos.

Boa comprensión lectora e capacidade de redacción técnica.

Titulación admitida: Arquitectura, Arquitectura Técnica / Enxeñería da Edificación, Enxeñería Civil ou Enxeñería Industrial. FP de Grao Superior en Edificación e Obra Civil ou áreas relacionadas.

Valorarase experiencia en documentación técnica e o uso de ferramentas BIM (Revit, Cype).

Condicións laborais Xornada completa con horario partido e flexibilidade.

Traballo 100% en liña.

Contrato indefinido tras período de proba.

Formación interna continua. Salario: 1.650 € brutos/mes (12 pagas).

Como inscribirse As persoas interesadas deberán enviar a súa candidatura a: rrhh@imasgal.com