O Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas de Galicia participou o pasado día 5 de marzo no Foro de Emprego organizado pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Coruña.
A nosa presenza neste evento responde o compromiso continuo do Colexio coa formación e a inserción laboral dos novos graduados.
Durante a xornada, tivemos a oportunidade de achegar a realidade da profesión ós estudantes, resolver dúbidas sobre a colexiación e explicar os servizos e o apoio que a nosa institución ofrece a quen está a piques de iniciar a súa andaina profesional.Impulsando o talento novo
Foi moi gratificante comprobar o alto nivel de interese e a preparación dos alumnos e alumnas que se achegaron ao noso espazo. Como se pode ver na imaxe, o fluxo de mozos interesados nas saídas profesionais da enxeñería civil foi constante, o que nos motiva a seguir traballando na visibilidade e prestixio da nosa profesión.
Desde a Xunta de Goberno do Colexio, queremos agradecer á Dirección da Escola o excelente trato e a calorosa acollida recibida durante toda a xornada. Así mesmo, facemos extensivo o noso agradecemento á Fundación da Enxeñería Civil de Galicia polo seu impecable labor na organización deste foro, un espazo vital para fortalecer o vínculo entre a universidade e o sector produtivo.
#Colexioenxeñeiros #IEnxeñeríaCivil #ForoEmpleo #Talentonovo #ACoruña #CamiñosUDC

