• O acto esta enmarcado dentro da campaña de comunicación do colexio denominada “Achegar aos concellos, as empresas e aos emprendedores os fondos de recuperación económica, poñendo en valor o rol da enxeñaría civil”.
  • No mesmo participa a Directora da Escola ETSCCP da Coruña e o Decano do CITOP da Zona de Galicia. Tamén conta coa colaboración da Asociación Mundo Atlántico que informará sobre financiación europea e fondos de recuperación económica.
  • Pódese visitar na escola a exposición “Innovación e emprendemento; o papel da enxeñaría civil na recuperación económica da provincia”.
  • O evento e parte das 4ª Xornadas de formación do CREIC.

A Coruña, 22 de abril de 2022.- Continuando coa campaña do papel da Enxeñería Civil na recuperación económica da provincia realizada no 2021 o CITOP segue a facer chegar información ao alumnado da ETSCCP da Coruña entre outros colectivos. Na campaña desenvolta no ano 2021  púxose en valor a labor da Enxeñaría Civil e a importancia do CITOP (Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras públicas) na defensa dos intereses das persoas colexiadas.

Este acto coincidiu coas 4ª Xornadas de formación do CREIC (Colectivo de representantes dos estudantes de Enxeñería de camiños, canles e portos, e a enxeñería civil), que se están a levar a cabo na Escola de Camiños da Coruña, unha oportunidade perfecta para poñer de novo énfase na importancia que teñen os profesionais na actualidade, pero tamén de cara ao futuro, tanto da profesión, como do CITOP e da propia sociedade.

O Decano do CITOP en Galicia, José Fernandez Parajes, ofreceu información sobre a colexiación e a precolexiación ademais de explicar as oportunidades que o colexio ofrece ao estudantado.

Pola súa banda, o colexiado Rodrigo López Piquín puxo en valor o papel da enxeñaría civil na xestión eficiente dos concellos. Por último, Juan Carlos Piñeiro e Gillermo Taboada de Red Mundo Atlántico explicaron as oportunidades de traballo que ten o alumnado cos fondos de recuperación económica NextgenerationEU e o valor de adquirir competencias dixitais.

No acto estivo presente a Directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños Canais e Portos da Coruña, Maria Isabel Martinez Lage, a Presidenta da Delegación, Eva M. Suárez e o Presidente do CREIC, Antonio Peco Almagro e a vogal por A Coruña do CITOP, Verónica García Castiñeira.

Descarga de cartel, creatividades e imaxes do evento: Medios evento ETSCCP Coruña 22.04.2022

Na foto de grupo, de dereita a esquerda: Rodrigo, Isabel, Jose, Eva, Antonio, Verónica e Guillermo.

Mais información:

eventosgalicia@citop.es

Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia

Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832

Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509