Desde a área de Comunicación do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas e Enxeñeiros Civís (CITOP) puxemos en marcha o I Estudo de Emprego en Enxeñería Civil, unha iniciativa destinada a coñecer en detalle a situación laboral dos nosos profesionais.

A enquisa está dirixida tanto a Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas como a Enxeñeiros Civís, estean ou non colexiados, co obxectivo de obter unha visión global e realista das condicións nas que desenvolven a súa actividade.

Con este estudo buscamos reunir información que permita analizar a evolución do emprego no noso sector e dar maior visibilidade á realidade profesional da Enxeñería Civil.

👉 Animámosche a participar e a compartir a ligazón con outros compañeiros e compañeiras para lograr a máxima difusión.

🔗 https://ingenieros-civiles.es/actualidad/actualidad/1/1954/i-estudio-de-empleo-nacional-del-colegio-de-ingenieros-tecnicos-de-obras-publicas