-
- O acto esta enmarcado dentro da campaña de comunicación do colexio denominada “Achegar aos concellos, as empresas e aos emprendedores os fondos de recuperación económica, poñendo en valor o rol da enxeñaría civil”.
- No acto participaron alcaldes e empresarios da comarca e o presentou Dona Emilia María Trillo Lojo, 1ª teniente de alcaldesa, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Emprego.
- No mesmo participou a Vogal pola provincia de A Coruña do CITOP Verónica García Castiñeira e Jorge Precedo Rey como consultor junior de sustentabilidade de Comparte Marketing Social.
- Red Mundo Atlántico e a Oficina Next Deputación A Coruña explicaron o funcionamento dos Fondos de Recuperación europeos, dos problemas que os concellos e as PEMES encontrar para poder enmarcar os seus proxectos.
- O evento forma parte de 6 encontros por diferentes concellos da provincia da Coruña nos que se pretende chegar aos 93 concellos como a diferentes asociacións empresariais.
Este acto supuxo unha oportunidade perfecta para poñer de novo énfase na importancia que teñen os profesionais na actualidade, pero tamén de cara ao futuro, tanto da profesión, como do CITOP e da propia sociedade.
A presentación do evento foi da man da concelleira de Cee, Emilia María Trillo, a cal puxo énfase na importancia para os concellos e as empresas de contar cun profesional multidisciplinar como é o enxeñeiro civil, e que moitas veces, a este tipo de concellos e de PEMES, escápanse tanto a existencia destes profesionais, como das diferentes convocatorias que xurden dende Europa. O Enxeñeiro Civil, unha persoa capacitada para levar a cabo a transformación das infraestruturas e do nivel de vida da veciñanza. Un profesional preparado para realizar proxectos transformadores, e aceptados para ser escoitados. Todo englobado nunha idea de afectar o menos posible ao medio ambiente.
Na primeira parte deste, levouse a cabo unha divulgación da labor esencial da enxeñaría civil e o que supón o CITOP como estrutura dos profesionais, velando en todo momento do coñecemento da profesión e a defensa do conxunto dos seus colexiados. Onde, tanto Jorge Precedo como Verónica Castiñeiras, fixeron énfase na importancia de impulsar unha habitabilidade dos espazos urbanos, e dunha economía sustentable, con elementos reciclables e de proximidade. En definitiva, os enxeñeiros do futuro que son cada vez máis parte da realidade. Con eles están competencias de diferentes índoles que poden mellorar a eficiencia dos concellos. Pese a que a sustentabilidade sempre estivo presente, moi presente nas universidades e nos grupos de investigación, sempre foi máis difícil pasalo á práctica das administracións públicas. Polo que a través destes actos divulgativos búscanse dúas cousas: achegar a labor multidisciplinar destes profesionais, ademais de intentar desmitificar todos os mitos arredor de levar a cabo proxectos que miren máis alá do resultado e do seu funcionamento, é necesario levar a cabo un cambio de mentalidade, nas administracións e na sociedade civil. Fíxose fincapé na importancia do saneamento nos concellos e nas vilas, a través de diferentes sistemas que poden desenvolverse mediante diferentes elementos, e que preocupan ás corporacións locais. Por exemplo, o alcalde de Fisterra, estivo moi interesado cando a compañeira da oficina Next Deputación falou do Perte da auga, moi enfocado á mellora de saneamento, da xestión das augas fecais…
No segundo bloque, da man de Red Mundo Atlántico e da Oficina Next Deputación A Coruña, acercamos a importancia de levar a cabo proxectos da man de este tipo de profesionais, proxectos asociados aos fondos de recuperación económica, en concreto, da gran oportunidade que son os Next Generation EU, acadar axudas para levar a cabo proxectos transformadores, coa mira posta na transición tanto ecolóxica como dixital, por e para a veciñanza.
Tamén fixemos énfase nos escollos que encontramos no intento de adquisición destas axudas, xa sexa porque falta un proxecto solvente de por sí, o porque o seu enfoque non responde ás necesidades que están a intentar suplir, por exemplo, os Next Generation EU.
Este novos fondos, englobados no noso país no “plan España Puede”, supoñen unha oportunidade para, da man de persoas e entidades profesionais e capacitadas, levar a cabo proxectos que melloren o nivel de vida das persoas e a funcionalidade das infraestruturas. E a igual que se falara dos enxeñeiros civís, cambiar a mentalidade e buscar obxectivos completamente novos, forma parte esencial de calquera plan de futuro, tanto da administración, como de empresas.
Descarga de cartel, creatividades e imaxes do evento: Evento Cee 16.11.2022
Na foto de grupo, de dereita a esquerda: Verónica García, Jorge Precedo, Guillermo Taboada e Raquel Piñeiro
Mais información:
Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia
Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832
Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509