• O acto esta enmarcado dentro da campaña de comunicación do colexio denominada “Achegar aos concellos, as empresas e aos emprendedores os fondos de recuperación económica, poñendo en valor o rol da enxeñaría civil”.
  • No acto participaron alcaldes e empresarios da comarca e o presentou D. Iván Andrade Tasende, o Concelleiro de Formación, Innovación e Emprego do Concello de Carballo.
  • No mesmo participou a Directora da Escola ETSCCP da Coruña, a Vogal pola Provincia da Coruña do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, o Director Executivo de
  • Red Mundo Atlántico e un experto de sustentabilidade de Comparte Marketing Social
  • Pódese visitar no edificio Forum Carballo a exposición “Innovación e emprendemento; o papel da enxeñaría civil na recuperación económica da provincia” durante esta semana.
  • O evento forma parte de 6 encontros por diferentes concellos da provincia da Coruña nos que se pretende chegar aos 93 concellos como a diferentes asociacións empresariais.

Carballo, 5 de maio de 2022.- Continuando coa campaña do papel da Enxeñería Civil na recuperación económica da provincia realizada no 2021 o CITOP segue a facer chegar información aos concellos, neste caso limítrofes con Carballo, a asociacións empresariais e outros colectivos. Na campaña desenvolta no ano 2021  púxose en valor a labor da Enxeñaría Civil e a importancia do CITOP (Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras públicas) na defensa dos intereses das persoas colexiadas. Nesta campaña divulgativa do presente ano, preténdese acercar as competencias que poden achegar estes profesionais multidisciplinares aos concellos, ás empresas e o valor que teñen de cara á transformación da sociedade.

Este acto supuxo unha oportunidade perfecta para poñer de novo énfase na importancia que teñen os profesionais na actualidade, pero tamén de cara ao futuro, tanto da profesión, como do CITOP e da propia sociedade.

A presentación do evento foi da man de Iván Andrade, Concelleiro de Formación, Innovación e Emprego do Concello de Carballo, o cal puxo énfase na importancia para os concellos e as empresas de contar cun profesional multidisciplinar como é o enxeñeiro civil, o persoa capacitada para levar a cabo a transformación das infraestruturas e do nivel de vida da veciñanza. 

Na primeira parte do evento, levouse a cabo unha divulgación da labor esencial da enxeñaría civil e o que supón o CITOP como estrutura dos profesionais, velando en todo momento do coñecemento da profesión e a defensa do conxunto dos seus colexiados. Onde, tanto María Isabel Martínez Lage, Directora da ETS de Camiños Canais e Portos, como Verónica Garcia Castileira, Vogal do CITOP fixeron énfase na importancia de impulsar unha habitabilidade dos espazos urbanos, e dunha economía sustentable, con elementos reciclables e de proximidade.

En definitiva, os enxeñeiros do futuro que son cada vez máis parte da realidade, en palabras da directora da Escola de Camiños de Coruña: “nadie quiere ser el conejillo de indias, siempre ha existido ese miedo por llevar a cabo proyectos con materiales más sostenibles, ya que las administraciones han buscado históricamente proyectos que funcionen”. Polo que a través destes actos divulgativos búscanse dúas cousas: achegar a labor multidisciplinar destes profesionais, ademais de intentar desmitificar todos os mitos arredor de levar a cabo proxectos que miren máis alá do resultado e do seu funcionamento, é necesario levar a cabo un cambio de mentalidade, nas administracións e na sociedade civil, cara un mundo mais sustentable.ç

O moderador do acto, un experto en sustentabilidade de Comparte Marketing Social, Rodrigo López Piquín que é un colexiado, deu paso a continuación a Guillermo Taboaada, o Director Executivo de Red Mundo Atlántico.

Neste segundo bloque acercámonos a importancia de levar a cabo proxectos da man de este tipo de profesionais, proxectos asociados aos fondos de recuperación económica, en concreto, da gran oportunidade que son os Next Generation EU. Falouse da transición tanto ecolóxica como dixital, por e para a veciñanza.

Este novos fondos, englobados no noso país no “Plan España Puede”, supoñen unha oportunidade para, da man de persoas e entidades profesionais e capacitadas, levar a cabo proxectos que melloren o nivel de vida das persoas e a sustentabilidade das infraestruturasCambiar cambiar a mentalidade e buscar obxectivos completamente novos, forma parte esencial de calquera plan de futuro, tanto da administración, como de empresas.

Descarga de cartel, creatividades e imaxes do evento: Medios evento Forum Carballo 05.05.2022

Na foto de grupo, de dereita a esquerda: Rodrigo, Isabel, Jose, Eva, Antonio, Verónica e Guillermo.

Mais información:

eventosgalicia@citop.es

Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia

Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832

Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509