Desde o Colexio nformamos sobre a próxima convocatoria de dous cursos en liña de gran interese para o sector.

Dado o éxito das edicións anteriores e o alto nivel de satisfacción obtido, ábrese a 3ª convocatoria do curso en liña de ChatGPT para Enxeñeiros e Arquitectos, con inicio o 24 de marzo de 2025. Esta formación permitirá aos profesionais do sector incorporar a intelixencia artificial para optimizar procesos e mellorar a súa competitividade.

Ademais, tamén está dispoñible unha nova edición do curso en liña de Certificación Enerxética de Edificios Novos e Existentes con CE3X, unha ferramenta fundamental no ámbito da eficiencia enerxética.

Próximas formacións:

🔹 Certificación Enerxética con CE3X (3 semanas) 📆 Inicio: 3 de marzo 2025 –  Finalización: 23 de marzo 2025

🔹 ChatGPT para Enxeñeiros e Arquitectos (4 semanas) – Nova edición 📆 Inicio: 24 de marzo 2025 – Finalización: 20 de abril 2025

Para máis información e inscricións, consulta no seguinte enlace: https://www.rbcingenieros.com/rbc-formacion