Desde o CITOP Galicia informamos das últimas convocatorias que nos traslada a Área de Comunicación do CITOP, promovidas pola Fundación da Enxeñería Civil. Estas iniciativas teñen como obxectivo recoñecer a traxectoria profesional e o talento dos enxeñeiros e enxeñeiras técnicas de obras públicas.
🏅 IV Premio Carlos García Cuesta á Traxectoria Profesional
Este galardón busca distinguir a aqueles profesionais que o longo da súa carreira, teñen demostrado unha dedicación exemplar á enxeñaría civil, contribuíndo de maneira destacada o desenvolvemento da profesión e á sociedade.
📄 Consulta as bases da convocatoria:
👉 https://ingenieros-civiles.es/actualidad/actualidad/1/1921/iv-premio-carlos-garcia-cuesta-a-la-trayectoria-profesional
🚧 IV Premio de Seguridade Viaria ao Talento en Enxeñaría Civil e Obras Públicas
O obxectivo deste premio é recoñecer iniciativas ou proxectos que contribúan á mellora da seguridade viaria desde o ámbito da enxeñería civil. Un recoñecemento o talento e á innovación o servizo da seguridade cidadá nas infraestruturas.
📄 Consulta as bases da convocatoria:
👉 https://ingenieros-civiles.es/actualidad/actualidad/1/1915/iv-premio-de-seguridad-vial-de-la-fundacion-de-la-ingenieria-civil
📝 Animamos a todos os colexiados e colexiadas que reúnan os requisitos a participar nestas convocatorias ou a difundilas entre aqueles profesionais que poidan estar interesados.
Desde o CITOP Galicia apoiamos e damos visibilidade a este tipo de iniciativas que poñen en valor o compromiso, a vocación e a calidade do traballo na nosa profesión.


