A Universidade de Santiago de Compostela (USC) oferta a Microcredencial Universitaria en Xestión Integral de Expedientes Expropiatorios. Un enfoque práctico, unha formación dirixida a profesionais que precisen adquirir ou actualizar competencias na tramitación completa dun expediente expropiatorio.

Obxectivo da formación

O curso permite ao alumnado comprender e xestionar todas as fases dun expediente expropiatorio, desde a identificación dos bens e dereitos afectados ata a determinación e aboamento do xustiprezo e o peche do procedemento.

Modalidade e docencia

  • Modalidade: Híbrida (70 % online / 30 % presencial)

  • Centro de impartición das sesións presenciais:
    Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (Lugo)

  • Carga docente: 5 ECTS · 50 horas

  • Datas: do 06/02/2026 ao 07/03/2026

  • Horario:

    • Venres: 16:00–21:00 h

    • Sábados: 9:00–14:00 h

Destinatarios

  • Titulados universitarios superiores e medios.

  • Técnicos superiores de FP ou equivalentes.

  • Persoas de entre 25 e 64 anos.

Prazas e matrícula

  • Prazas ofertadas: 15 (por orde rigorosa de inscrición)

  • Custo da matrícula: 141,77 €

Calendario

  • Inscrición: do 24/11/2025 ao 22/12/2025

  • Matrícula: do 07/01/2026 ao 16/01/2026

Máis información