No ámbito da arquitectura e a enxeñaría, a metodoloxía BIM (Building Information Modeling) convertiuse nunha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento profesional.

Grazas ao convenio de colaboración entre o CITOP e a Universidade da Coruña (UDC), as persoas colexiadas poden acceder ao Máster de formación permanente en BIM da UDC cun 10 % de desconto sobre o prezo ordinario da matrícula.

📅 Prazo de preinscrición aberto ata o 13 de xullo de 2025.
🔗 Máis información e reserva de praza: https://posgrado.bim.udc.es/admision/

Anímate a mellorar a túa capacitación nunha das áreas con maior proxección no sector!