Dende o Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas de Galicia, queremos compartir unha invitación do grupo de investigación Novos Medios, da Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, para o primeiro webinar en liña sobre a comunicación e o gas radón en Galicia, que se celebrará o próximo 20 de novembro de 10:00 a 12:00 horas.

Este evento gratuíto tratará a importancia da comunicación na concienciación e comprensión dos efectos do gas radón na saúde e o medio ambiente en Galicia. Durante a sesión, presentarase unha guía de uso especialmente orientada a facilitar o entendemento deste tema de crecente relevancia no ámbito da saúde pública e a comunicación.

Convidamos a todos os nosos colexiados a participar neste webinar, que ofrecerá unha excelente oportunidade para acceder a unha formación actualizada e especializada. A inscrición pódese realizar a través da seguinte ligazón: Inscrición das xornadas.

Achegamos o cartel con toda a información. Para calquera consulta adicional, non dubidedes en contactar connosco.