Desde o Servizo de Axuda ao Emprego e ao Emprendemento (SAEE) do Centro UNED A Coruña, queremos compartir convosco a información e os materiais de difusión da II edición do Nexus Event Day ODS.
Este evento representa unha oportunidade única para persoas que buscan emprego, prácticas ou bolsas, así como para quen desexa emprender.
Co obxectivo de impulsar o ODS 8, buscamos fomentar o emprego digno e o crecemento económico na nosa contorna.
Data: 27 de marzo
Lugar: Centro UNED A Coruña
Ao longo da mañá, os asistentes poderán participar en diversas actividades, tanto presenciais, en liña como en diferido, entre elas:
✅ Casetas informativas no hall do centro
✅ Xornadas “Impulsa as túas futuro”
✅ Actividades e dinámicas interactivas, como:
🔹 Talleres LEIGO
🔹 Explora Europa
🔹 O talento únenos
🔹 Match de oportunidades, entre outras.
As persoas interesadas poden acceder á información completa e realizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón: https://nexuseventday2025.my.canva.site/
Anímate a participar e descobre novas oportunidades para impulsar o teu futuro!
#Emprego #Emprendemento #Oportunidades #NexusEventDay #UNEDAcoruña

