Homologada oficialmente pola Xunta de Galicia
O Colexio informa da apertura de inscricións para a formación en Competencia Dixital Docente (nivel B2), unha acción formativa oficialmente homologada pola Xunta de Galicia, dirixida a docentes que desexen acreditar as súas competencias dixitais conforme ao Marco Europeo de Competencia Dixital Docente.
📅 Datos da formación Datas: do 20 de outubro ao 30 de decembro Duración total: 80 horas Modalidade: 100 % en liña, con flexibilidade horaria para compaxinar coa actividade docente Homologación oficial: Xunta de Galicia Prezo: 195 € por alumno
💡 Formación 100 % bonificable Esta acción formativa é totalmente bonificable a través de FUNDAE, o que permite que o centro educativo xestione a bonificación e a formación non supoña custo adicional. O equipo xestor encargarase de todos os trámites sen custo algún para o participante.
🎯 Obxectivos da formación A formación permitirá ao profesorado: Alcanzar o nivel B2 da Competencia Dixital Docente. Adquirir e consolidar destrezas dixitais aplicadas á aula. Cumprir cun requisito cada vez máis valorado en procesos de acreditación e desenvolvemento profesional docente. Obter un certificado oficial homologado pola Xunta de Galicia.
📌 Inscricións https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdbmZBPKnpq7WkZYBvheS25g8eYGbUDuw4lu93fi19YFaddhQ/viewform
As prazas son limitadas.
📩 Para máis información preme a ligazón: www.elsieteformacion.com ou no teléfono 620 11 58 64

