• O acto esta enmarcado dentro da campaña de comunicación do colexio denominada “Achegar aos concellos, as empresas e aos emprendedores os fondos de recuperación económica, poñendo en valor o rol da enxeñaría civil”.
  • No acto participarán alcaldes e empresarios da comarca e o dará unha palabras de benvida o Alcalde, D. José Blas García Piñeiro.
  • No mesmo participará a Directora da Escola ETSCCP da Coruña, o Secretario e a Vogal pola Provincia da Coruña do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, o Director Executivo de Red Mundo Atlántico e un experto de sustentabilidade de Comparte Marketing Social.
  • Poderase visitar no Pazo da Peregrina a exposición “Innovación e emprendemento; o papel da enxeñaría civil na recuperación económica da provincia” .
  • O evento forma parte de 6 encontros por diferentes concellos da provincia da Coruña nos que se pretende chegar aos 93 concellos como a diferentes asociacións empresariais.

Ames, 11 de maio de 2022.- Continuando coa campaña do papel da Enxeñería Civil na recuperación económica da provincia realizada no 2021 o CITOP segue a facer chegar información aos concellos, neste caso limítrofes con Carballo, a asociacións empresariais e outros colectivos. Na campaña desenvolta no ano 2021  púxose en valor a labor da Enxeñaría Civil e a importancia do CITOP (Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras públicas) na defensa dos intereses das persoas colexiadas. Nesta campaña divulgativa do presente ano, preténdese acercar as competencias que poden achegar estes profesionais multidisciplinares aos concellos, ás empresas e o valor que teñen de cara á transformación da sociedade.

Na primeira parte do evento, levarase a cabo unha divulgación da labor esencial da enxeñaría civil e o que supón o CITOP como estrutura dos profesionais, velando en todo momento do coñecemento da profesión e a defensa do conxunto dos seus colexiados.

No segundo bloque acercámonos aos fondos de recuperación económica, en concreto, da gran oportunidade que son os Next Generation EU. Ofreceranse ferramentas tanto para a administración municipal como para as empresas para acceder a este tipo de fondos.

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas quere mostrar o seu agradecemento ao Concello de Ames por colaborar en esta campaña.

Descarga de cartel: Medios evento Pazo da Peregrina Bertamiráns 18.05.2022

Mais información:

eventosgalicia@citop.es

Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas – Zona Galicia

Teléfono eventos. – 981 148 525 / 675 507832

Teléfono xeral.- 981 577 737 / 601 230 509