O Laboratorio de Riscos Psicosociais da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración con Unión Profesional de Galicia, está a desenvolver unha investigación titulada «Saúde laboral da poboación asalariada».
Este estudo busca avanzar no coñecemento sobre como distintos tipos de demandas laborais inflúen na saúde mental, no benestar psicolóxico e no rendemento das persoas traballadoras. Analízase, entre outros aspectos, como determinadas condicións psicosociais do traballo poden ser percibidas como retos ou como obstáculos, e como esta percepción incide no burnout, no engagement ou no malestar psicolóxico.
A participación realízase mediante unha enquisa en liña, anónima e voluntaria, aprobada polo Comité de Ética na Investigación da USC (USC 02/2025).
Desde o Colexio animamos a todas as persoas colexiadas a participar nesta iniciativa, que contribuirá a mellorar a representatividade da mostra e, por tanto, o valor científico do estudo.
Accede á enquisa aquí:: https://i.gal/xG3FR
Agradecemos a vosa colaboración.

