Informámosche de que o sábado 18 de xaneiro de 2025, ás 10:00 h, terá lugar a 38ª reunión do GuBIM Galicia na sede do Colexio de Arquitectos, na Praza da Quintana, nº 2, ático, en Santiago de Compostela.
Nesta ocasión, levarase a cabo un interesante obradoiro sobre CloudCompare, un software libre e gratuíto para o tratamento de nubes de puntos 3D. Será unha excelente oportunidade para ampliar coñecementos e descubrir ferramentas prácticas na metodoloxía BIM.
Toda a información sobre o programa e os detalles da xornada están dispoñibles no post da páxina web do GuBIM Galicia.
Ligazón para inscrición
A participación é completamente gratuíta e ten como obxectivo fomentar o intercambio de experiencias, o aprendizaxe colaborativo e a creación de redes de contacto entre os usuarios BIM de Galicia.

