Dende o Colexio, seguimos a promover actividades formativas de interese para os nosos colexiados/as. Informámosche que xa está aberto o prazo de inscrición para o próximo Curso de Instalacións Fotovoltaicas Illadas, especialmente deseñado para técnicos que desexen adquirir competencias teóricas e prácticas neste eido.
Descrición do curso
Este curso capacitará aos asistentes para:
- Deseñar, instalar e manter sistemas de instalacións fotovoltaicas illadas.
- Realizar cálculos reais e resolver problemas habituais asociados ao cálculo, posta en marcha ou mantemento destas instalacións.
- Previr problemas potenciais e aprender a solucionalos de forma eficaz.
Adxuntamos o programa detallado do curso para a súa consulta.
Información clave
- Imparte: Roberto Ledo Cava, Enxeñeiro Técnico Industrial Experto en Renovables (Renoblex Ingenieros).
- Datas: 20 e 21 de xaneiro de 2025.
- Horario: De 16:00 a 21:00 (10 horas en total).
- Lugar: Instalacións do COETICOR.
- Custe:
- 75 € para colexiad@s de COETICOR.
- 150 € para outros colectivos (sempre que haxa prazas dispoñibles).
- Prazas limitadas: Máximo de 20 asistentes. As prazas asignaranse por orde de inscrición.
Este curso será impartido por unha empresa de recoñecida experiencia, que previamente organizou nas nosas instalacións o Curso de Instalación Fotovoltaicas de Autoconsumo, acadando un alto nivel de participación e valoración por parte dos asistentes.
Inscrición
Para inscribirse, pode acceder ao seguinte formulario:
👉 Formulario de inscrición

