O Grupo Aranzadi La Ley Formación organiza o Curso de Experto/a en Mediación Civil e Mercantil, en modalidade de teleformación, que conta co recoñecemento oficial do Ministerio de Xustiza e permite acceder ao Rexistro de Persoas Mediadoras, segundo o establecido na lexislación vixente.
📅 Datas: do 1 de outubro ao 11 de decembro de 2025
⏱ Duración: 110 horas
🎓 Requisitos: para realizar o curso e exercer como persoa mediadora non é preciso ser xurista, só se require posuír unha titulación universitaria ou de FP Superior.
💻 Modalidade: en liña (teleformación)
✅ Inscricións xa abertas
Esta acción formativa chega a través de Unión Profesional, da que forma parte o noso Colexio, e representa unha excelente oportunidade para ampliar as competencias profesionais no ámbito da resolución alternativa de conflitos.
📎 Para máis información sobre o curso ou formalizar a inscrición, podes contactar con Unión Profesioanl no seguinte coerreo electrónico: secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

