Desde o Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas de Galicia, queremos compartir esta interesante iniciativa promovida por Enxeñería Sen Fronteiras,
Convócase unha praza para o Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades 2025 (PCR 2025) en Honduras, especialmente dirixida a persoas do sector profesional da enxeñería (valorarase quee estean colexiados nalgún colexio profesional).
Información clave:
- Lugar: Sur de Honduras.
- Duración: 2-3 meses entre xullo e outubro de 2025 (con posibilidade de reducir a estancia a mes e medio).
- Requisitos: Consultar as bases completas da convocatoria.
- Prazo para presentar solicitudes: Ata o 16 de febreiro de 2025.
A persoa seleccionada participará nunha formación previa e viaxará xunto a outras dúas participantes seleccionadas noutros procesos paralelos. Durante a estancia, coñecerase de primeira man o traballo e os proxectos que Enxeñería Sen Fronteiras desenvolve na rexión. Ademais, daranse facilidades para o teletraballo en casos excepcionais.
Para máis información sobre esta convocatoria e outros eventos de Enxeñería Sen Fronteiras, podes consultar:
- A súa canle de Telegram.https://t.me/ESFGalicia
- A axenda na web oficial.https://galicia.isf.es/axenda/
#VoluntariadoInternacional #EnxeñeríaSenFronteiras #Honduras2025 #CITOPGalicia