

O pasado 1 de outubro o CITOP GALICIA participou nunha das xornadas sobre a Seguridade Viaria organizada pola Xunta de Galicia.
Na xornada dirixida por Francisco Menéndez, director da AXI, participou a Conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, a cal incidiu na importancia do Plan e o compromiso da Xunta de Galicia para alcanzar o propósito “Visión Cero” do mesmo.
Tamén participou o Tenente Coronel Antonio Hidalgo, Xefe do sector de Tráfico da Garda Civil, quen expuxo un dos principais problemas a día de hoxe, como son os avisos a través das redes sociais dos controis de tráfico e para o cal recalcou a importancia da concienciación cidadá.

